Lago, lagoa e encoro
Lagoa de Caque
Duarría · Castro de Rei · Lugo
Foto: Estevoaei · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
A lagoa de Caque ou lagoa de Bardancos é unha zona húmida situada na parroquia de Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei. Cunha superficie de 19 hectáreas, é a zona húmida máis grande da comarca da Terra Chá. Está situada nas proximidades de Xustás e a unha distancia duns 20 km da capital provincial, Lugo. Orixinouse debido ao substrato xeolóxico e á topografía da Terra Chá e constitúe unha das grandes zonas húmidas superviventes das campañas de desecamento. Como ecosistema de gran valor ecolóxico polas súas reservas de flora e fauna, é espazo natural protexido.
Características
Esta lagoa, a diferenza da Lagoa de Cospeito, non está alimentada por ningún río. Nesta lagoa, de maior extensión, a evaporación da auga nos meses de verán vese compensada pola acumulación de auga baixo terra, que aínda no verán se mantén cunhas 6 ha. de auga. A lagoa de Caque foi recuperada parcialmente en 1988.
Flora e fauna
A flora constitúena especies como o piñeiro de Monterrei, o piñeiro bravo, o abeneiro, o carballo, o bidueiro, o salgueiro, o toxo ou o xunco. É un importante refuxio para as aves, sobre todo no inverno, xa que é unha das principais zonas de hibernación para a avifauna proveniente do norte. Durante unha boa parte do ano (e algunhas especies incluso todo o ano) pode verse unha gran variedade de aves que conviven con outras especies como poden ser anfibios e réptiles diversos, e incluso coa lontra. Entre as aves predominantes na lagoa destacamos unha gran variedade de parrulos, o lavanco, a cerceta e tamén a garza real ou a pita de río. Dentro das aves rapaces destacamos o azor, o gabián eurasiático, o miñato común, o falcón pequeno, o miñato queimado ou o lagarteiro, ademais dunha gran variedade de aves pertencentes ao xénero Circus.
Outros artigos
Lagoa de Cospeito Galería de imaxes de lagos e lagoas de Galicia
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Lagoa artificial
Altitude do punto ≈ 417 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima A Feira do Monte, a 10,8 km
No concello viven 4.998 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Castro de Ribeiras de Lea (residencia)a 806 mAs Rodrigas-Lugo E.A. · Meira-Muimenta-Lugo E.A.
- Castro de Ribeiras de Lea (residencia)a 807 mAs Rodrigas-Lugo E.A. · Meira-Muimenta-Lugo E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
Ponte de XustásPonte histórica
Igrexa de San Paio de Bexán ou RubiñosIgrexa
Igrexa de Santiago de XustásIgrexa
Igrexa de San Pedro de BendiaIgrexaIgrexa de Santiago de DuarríaIgrexa
Igrexa de Santo Estevo de LoentiaIgrexa
Igrexa de San Xoán de Ribeiras de LeaIgrexa
Igrexa do Doce Nome de María de Castro de Ribeiras de LeaIgrexa