Lago, lagoa e encoro

Lagoa de Cospeito

Sistallo · Cospeito · Lugo

Lagoa de Cospeito, lago, lagoa e encoro en Cospeito

Foto: Almaffi (usuario da galipedia). · Public domain · Wikimedia Commons ↗

A lagoa de Cospeito é unha zona húmida permanente situada no concello de Cospeito, e é unha das lagoas máis importantes de Galicia. Está situada a uns 25 km da capital provincial, Lugo. Forma parte da zona especial de conservación (ZEC) Parga-Ladra-Támoga e forma parte da Reserva da Biosfera "Terras do Miño".

Características

É un dos ecosistemas hídricos máis importantes do noroeste da península. As súas augas proveñen do río Guisande, afluente do Miño. Tempo atrás existían 2 lagoas que ocupaban unha extensión de 73,75 hectáreas, pero a meirande parte deste territorio foi desecado na década dos 60 para darlle un uso soamente agrícola.

Flora e fauna

Nesta zona húmida existen aves coma avefrías, asubiadores, lavancos, cercetas, galiñas de río ou grúas, anfibios coma ras, tritóns, ou píntegas, peixes coma troitas, e mamíferos coma ourizos ou esquíos. Respecto da flora constitúese principalmente de vexetación de ribeira coma carballos ou bidueiros, existindo tamén especies insólitas coma o cardiño da lagoa (Eryngium viviparum).

Outros artigos

Parga-Ladra-Támoga Galería de imaxes de lagos e lagoas de Galicia

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Lago · Zona de especial conservación

Extensión 17 m²

Altitude do punto ≈ 396 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima A Feira do Monte, a 832 m

No concello viven 4.188 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar