Menhir

Lapa de Gargantáns

Gargantáns · Moraña · Pontevedra

Lapa de Gargantáns, menhir en Moraña

Foto: Lameiro at Galician Wikipedia · Public domain · Wikimedia Commons ↗

A Lapa de Gargantáns é un menhir datado no neolítico, situada na parroquia de Gargantáns, no concello de Moraña (Pontevedra).

Características

Ten visibles 192 cm de altura dun total de 235 cm e uns 50 cm de diámetro, con forma cónica e base cadrada. Na súa superficie aparecen unha vintena de cazoletas gravadas, xunto a varias marcas en forma de ángulo e dúas liñas serpeantes. Dende a súa descuberta en 1958 permaneceu tirada no chan durante algúns meses e foi levantada por arqueólogos do Museo de Pontevedra.[cando?] Cumpría a función de pedra de termo entre as parroquias de Gargantáns e Santa Xusta de Moraña. O concello de Moraña adoptouno como peza representativa no escudo do concello.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Época Neolítico

Que é Megálito

Altura 235 m

Altitude do punto ≈ 233 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Santa Lucía de Moraña, a 2,2 km

No concello viven 4.139 (2025) · IGE

Para ir

Horario 24/7

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar