Monumento

Millenium

A Coruña · 8 m · 2000

Millenium, monumento en A Coruña

Foto: Fernando Losada Rodríguez · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

O Millenium é un monumento con forma de obelisco situado no Paseo Marítimo da Coruña. Ergueuse para conmemorar o inicio do século XXI e ten como referentes a Torre de Hércules e o Obelisco dos Cantóns. Ten 46 metros de altura e está feito en aceiro (2 toneladas) e 147 cristais de rocha traídos desde os Países Baixos. O deseño dos cristais é do artista Gerardo Porto. Nos 13 primeiros metros cóntase a historia dos principais acontecementos e personaxes da Coruña, tallados nos cristais. Estes teñen 3 mm de espesor, foron tratados a 800 °C e pesan 3 toneladas. De noite ilumínase mediante 142 focos de luz (53.100 vatios). O 1 de xaneiro de 2001 acendeuse por primeira vez en 12 tramos. O proxecto inicial incluía baixo a súa base un miradoiro que tamén faría de cafetería que non chegou a abrir.

Galería de imaxes

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Obra escultórica

Autoría Gerardo Porto

Paredes Aceiro · Cristal

Altitude 8 m

Vila máis próxima A Coruña, a 2,3 km

Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 1,8 km

No concello viven 251.277 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar