Dolmen

Mina da Parxubeira

Chacín · Mazaricos · A Coruña

Mina da Parxubeira, dolmen en Mazaricos

Foto: Javier Pais · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

O dolmen da Mina da Parxubeira, tamén coñecida como dolmen de Corveira, é unha anta situada na parroquia de San Fins de Eirón, en Mazaricos, no lugar coñecido como Estivada Vella e datada entre o IV e III milenios a. C. Intégrase na necrópole de Sotorraño-Parxubeira-Portocoiro.

Características

O corredor, pequeno, está orientado cara ao leste; a cámara é poligonal e falta a lousa que a cubría, así como as chantas do lado sur. En total conserva trece esteos, seis na cámara e sete no corredor. A mámoa tivo un diámetro de entre 19 e 22 m e contaba cunha coiraza de pedras. No seu interior atopouse un enxoval consistente en láminas de sílex, unha punta de frecha, anacos de cerámica campaniforme, catro estelas antropomórficas de gneis granítico e uns pequenos ídolos de coios, un deles con decoración baseada en incisións, chamados betilos, todo o cal se atopa no Museo Arqueolóxico da Coruña. As estelas e os betilos estaban chantados verticalmente fronte ao corredor de entrada, xusto na periferia, mais non á vista dos vivos. É posíbel que se colocasen para protexer o morto como materialización simbólica da divindade da morte.

Galería de imaxes

Outros artigos

Lista de megálitos de Galicia

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Túmulo funerario (mámoa)

Tamén chamado Dolmen de Corveira

Altitude do punto ≈ 377 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima A Picota, a 4,5 km

Camiño de Santiago Camiño de Fisterra-Muxía, a 1,9 km

No concello viven 3.730 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar