Monte e serra

Monte de Nenos

Sedes · Narón · A Coruña · 364 m

Monte de Nenos, monte e serra en Narón

Foto: Ajuanta · CC0 · Wikimedia Commons ↗

O monte de Nenos é un monte de 367 m de altitude, situado na comarca de Ferrolterra, entre os concellos de Narón (o lugar de maior altitude do municipio, na parroquia de Sedes), San Sadurniño e Valdoviño.

Descrición

No monte de Nenos nacen varios ríos que fornecen o encoro das Forcadas, a lagoa da Frouxeira e o río Grande de Xuvia. No seu cume hai un conxunto de dezaseis mámoas de distintos tamaños coñecidas como Os Montiños da Moura. Polo monte de Nenos tamén pasa o camiño a Santo André de Teixido.

Aproveitamento

Nos últimos anos instalouse no seu cumio un parque eólico e antenas de telecomunicacións. En 2012 a empresa Xilo Galicia verteu 2.500 toneladas de lixo industrial no cumio. Ademais do parque eólico construído no monte, entre os concellos de Narón e Valdoviño, e o uso como localización de telecomunicacións tanto no monte como nas zonas máis próximas, existen explotacións agrarias e gandeiras así como plantacións forestais de piñeiros e eucaliptos. Na ladeira do monte está o parque Aldea Nova do concello de Narón.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Montaña

Tamén chamado Nenos

Altitude 364 m

Vila máis próxima Narón, a 8,5 km

No concello viven 39.890 (2025) · IGE

Segundo MTN25 (2020)

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Ao lado deste lugar