Castro

Monte do Castro

Besomaño · Ribadumia · Pontevedra · 113 m

Monte do Castro, castro en Ribadumia

Foto: P.Lameiro · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

O Monte do Castro ou Castro de Lameán de Arriba, de Ribadumia é un poboado castrexo situado entre as parroquias de Besomaño e Leiro. Está a ser escavado e restaurado dende o ano 2011, con financiamento da Deputación de Pontevedra e dirección do arqueólogo Rafael Rodríguez. O castro caracterizábase por estar moi destruído por canteiras e obras recentes para a extracción de xabre. Porén, a intervención arqueolóxica no socalco occidental permitiu coñecer unha enorme cantidade de estruturas de diferentes épocas, nun relativamente bo estado de conservación. Nun momento da súa historia o castro semella ter sido destruído completamente por un incendio: este feito tende a interpretarse como froito da violencia da conquista romana, a raíz dos restos atopados. Entre os achados de maior relevancia pode destacarse unha escultura antropomorfa toscamente tallada e moi erosionada, aparecida na muralla na zona da entrada na campaña do ano 2012. Este e outros obxectos procedentes do lugar están expostos no "edificio Sarmiento" do Museo de Pontevedra.

Galería de imaxes

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Época Castrexa (celta)

Que é Recinto fortificado

Tamén chamado Monte do Castro, Leiro e Besomaño

Altitude 113 m

Vila máis próxima A Escusa, a 3,2 km

Camiño de Santiago Camiño Portugués Variante Espiritual, a 1,6 km

No concello viven 5.171 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaWeb oficialComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar