Espazo protexido
Monte Maior
Valcarría · Viveiro · Lugo · 2004
Aínda non hai foto de Monte Maior
Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.
{{Location|43.64150|-7.53640}}
O Monte Maior é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe a área do monte Maior, un dos montes de Buio, e que ten en si zonas húmidas e corredores fluviais de interese. Esta área de conservación ocupa 1.247 ha. dos concellos da mariña lucense de Viveiro e Xove.
Fauna e flora
Flora
O Monte Maior é unha zona de baixa montaña, nunha zona climática atlántica xa preto da ría de Viveiro, na que destacan as turbeiras altas activas e a homoxeneidade das zonas húmidas. Ten zonas desde ribeiras e pastos con gramíneas a montes con queirogais (con Erica ciliaris e Erica tetralix). Nestes hábitats aparecen as especies en risco Sphagnum pylaesii e Narcissus asturiensis. Nos bosques de ribeira dominan os ameneiros (Alnus glutinosa) e freixos (Fraxinus excelsior) e nas zonas húmidas destaca a presenza de Nardus. Conta con turbeiras altas activas. As especies da flora catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:
Fauna
No Monte Maior destaca o paso de seis especies de aves de alto interese de conservación e a presenza de Lacerta schreiberi e Rhinolophus ferrmuequinum. As especies de fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:
Lexislación
O Monte Maior foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Espazo natural protexido · Zonas de especial protección dos valores naturais
Extensión 1.251 m²
Altitude do punto ≈ 475 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Viveiro, a 5,3 km
Ruta que pasa preto Camiño do Pozo da Ferida, a 2,7 km
No concello viven 15.091 (2025) · IGE