Monte e serra

Monte Monseivane

San Simón da Costa · Vilalba · Lugo · 929 m

Monte Monseivane, monte e serra en Vilalba

Foto: Breogan2008 · GFDL · Wikimedia Commons ↗

O monte Monseivane é, con 929 metros sobre o nivel do mar, o cumio de maior altitude da Serra da Carba. Son abondosos os animais que habitan neste monte, entre os que destacan as vacas, os cabalos salvaxes e os cervos. Tamén é destacábel a importante masa forestal de piñeiro bravo plantada na década de 1940. O ascenso ó monte pódese facer dende o lugar de Cornas, en Samarugo. Na metade do percorrido hai unha pequena área de descanso, onde se pode facer un alto antes de iniciar o tramo final da ascensión. Dende o cumio pódese albiscar toda a chaira que forma a comarca da Terra Chá.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Montaña

Altitude 929 m

Vila máis próxima Vilalba, a 12,8 km

No concello viven 13.946 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Ao lado deste lugar