Monte e serra
Monte Penagache
Xacebáns · Quintela de Leirado · Ourense

Foto: Finlaure · CC BY-SA 2.5 es · Wikimedia Commons ↗
O monte de Penagache, de 1.226 metros de altitude, está situado na Serra do Laboreiro. Fai de linde entre os concellos de Verea e Quintela de Leirado.
Historia
Na época de posguerra foros moitos os veciños adicados ao estraperlo que, aproveitando a súa proximidade coa Raia Seca, atravesban a Serra do Laboreiro por aquí para chegar a Castro Laboreiro. Estas viaxes facíanse pola noite, moitas veces con condicións climatolóxicas adversas, tales como neve, choiva, vento e frío de montaña. Os produtos cos que máis se comerciaba eran o café, as pedras de chisqueiro e o bacallau salgado (denominado na zona como bacalao). Debido a isto, construíuse máis tarde un cuartel da Garda Civil na zona. Antes da inclusión de España na Unión Europea, todos os anos, acudían ao Concello alcaldes e diversos funcionarios dos concellos da raia galego-portuguesa para revisar os lindes entre a Galiza e Portugal.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Montaña
Altitude do punto ≈ 907 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Bande, a 12,8 km
No concello viven 586 (2025) · IGE
Ao lado deste lugar
Forte do TesoMuralla
Museo da Emigración a Guinea EcuatorialMuseo
Igrexa de San Pedro de LeiradoIgrexa
Igrexa de Santa María de MociñosIgrexa
Igrexa de San Paulo de Quintela de LeiradoIgrexa
Igrexa de Santiago de XacebánsIgrexa
Capela da Virxe dos Remedios de LeiradoCapela e ermida
Capela da Virxe do Carme de Quintela de LeiradoCapela e ermida