Monte e serra

Monte Xalo

Castelo · Culleredo · A Coruña · 514 m

Monte Xalo, monte e serra en Culleredo

Foto: el Buho nº30 from O Burgo, A Coruña, Galicia · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗

O monte Xalo é unha das zonas máis elevadas do litoral coruñés, cunha altitude de 514 metros sobre o nivel do mar.

Localización

O Xalo é un aranguelo que se estende tres quilómetros en sentido leste-oeste, dende Carral ata A Laracha, polo límite entre os concellos de Culleredo e Cerceda. Está aliñado coas chamadas mesetas de Santa Comba e de Tordoia —das que queda ao nordeste— e a súa vertente setentrional configúrase como un chanzo que salva o desnivel coas Mariñas da Coruña. Precisamente, dende O Petón —unhas rochas no máis alto do monte— pódese gozar dunha panorámica da comarca e albiscar lugares como a central elécrica de Sabón, o porto exterior da Coruña, o aeroporto de Alvedro ou a Torre de Hércules, alén de todo o val de Veiga, que está ao pé.

Deporte

No monte hai varias rotas de sendeirismo sinalizadas. As pistas forestais empréganse para deportes como ciclismo de montaña e carreiras. No alto do Petón as rochas están equipadas para a práctica de escalada.

Arqueoloxía

En 1950 o arqueólogo Luís Monteagudo atopou varias mámoas de gran tamaño, que foron destruídas ao longo dos anos posteriores, e en 1973 outras máis pequenas que aínda se conservan. Entre elas, coñécense as seguintes: Mámoa do Petón Medoña do Chan do Castelo Mámoa do rego da Uceira

Aproveitamento do monte

Ademais do aproveitamento forestal que se está a a facer do monte, polas inmediacións do Xalo pasa un oleoduto cara a Cerceda e liñas eléctricas de alta tensión da subestación eléctrica das Travesas. No cumio tamén hai instaladas antenas de radio, televisión, telefonía móbil e telecomunicacións en xeral. Existiu un proxecto para instalar un parque eólico de dez muíños e 45 megawatts que sería o de maior potencia de Galicia. A proposta foi finalmente desbotada por Aena por comprometer a seguridade da aviación no aeroporto da Coruña.

Outros artigos

Xalo (nome)

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Montaña

Tamén chamado Monte do Castelo Grande

Altitude 514 m

Vila máis próxima Carral, a 4,3 km

No concello viven 31.232 (2025) · IGE

Segundo MTN25 (2020)

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar