Monte e serra

Montes do Bocelo

Folladela · Melide · A Coruña

Montes do Bocelo, monte e serra en Melide

Foto: Noucho · Public domain · Wikimedia Commons ↗

Os montes do Bocelo son unha importante elevación situada nos concellos de Boimorto, Melide, Sobrado e Toques.

Características

Da súa importancia ecolóxica fala o feito de formaren a divisoria entre as concas do río Ulla e o río Tambre. A máxima altura é o Pico do Pilar, preto de Santa Eufemia do Monte de 803 metros. O seu subsolo é de mica negra e cando aflora forma espectaculares bolos como a pena da Moura. Existen importantes vestixios do megalitismo como o dolmen de Forno dos Mouros así como da cultura castrexa (castro da Graña). Nas súas inmediacións atópase a lagoa de Sobrado e a fervenza do río Furelos. Moi preto atópase tamén a igrexa de Santo Antuíño de Toques, capela de estilo prerrománico, nunha paraxe de notable beleza. Non ten ningunha figura de protección.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Montaña

Altitude do punto ≈ 792 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Melide, a 6,6 km

No concello viven 7.840 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Ao lado deste lugar