Monumento

Monumento a María Pita

A Coruña · 14 m · 1998

Monumento a María Pita, monumento en A Coruña

Foto: Michelangelo-36 · Public domain · Wikimedia Commons ↗

O monumento a María Pita é unha estatua creada polo escultor José Castiñeiras Iglesias dedicada a María Pita e que preside a praza homónima da cidade da Coruña, mirando para a casa do concello. A súa realización e colocación na praza tivo lugar en 1998.

Descrición

A obra, fundida en bronce, representa a heroína empuñando a lanza coa que matou o alférez inglés, o irmán do almirante Francis Drake, mentres suxeita coa outra man o corpo sen vida do seu marido, Gregorio de Racamonde. A altura total da obra é de 9,31 metros, composta por unha plataforma de chanzos de 45 cm, un pedestal de 5,56 metros e unha escultura de 3,30 metros. O seu peso é de 30 toneladas. No pedestal atópase un pebeteiro cunha chama prendida durante todo o día e apagada dende as tres ata as sete da madrugada. A chama simboliza o carácter liberal da xente da Coruña.

Historia

No proxecto de urbanización da praza de 1872 recollíase unha proposta para erguer unha estatua a María Pita, o que foi aceptado polo concello o 9 de setembro do mesmo ano. O 6 de xuño de 1875 propúñase colocar unha fonte monumental. Finalmente, no proxecto de Juan de Ciórraga do 6 de febreiro de 1888, aínda que observando que era posible instalar unha estatua ou unha fonte, preferíase un espazo aberto ou un gran farol no centro debido á falta dunha gran praza na cidade para "manifestacións e xúbilos públicos".

Outros artigos

Galería de imaxes de esculturas da Coruña

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Obra escultórica

Dedicado a María Pita

Autoría José Castiñeiras

Paredes Bronce

Altitude 14 m

Vila máis próxima A Coruña, a 49 m

Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 63 m

No concello viven 251.277 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar