Mosteiro

Mosteiro de San Cibrao de Montecubeiro

Montecubeiro · Castroverde · Lugo

Mosteiro de San Cibrao de Montecubeiro, mosteiro en Castroverde

Foto: Fotografía de Lois Teixeiro (gl:User:Loisteixeiro) · Public domain · Wikimedia Commons ↗

O mosteiro de San Cibrao foi un mosteiro medieval situado na parroquia de Montecubeiro, no concello de Castroverde. Consérvase en ruínas, agás o edificio da igrexa.

Historia

Ten orixe nos séculos XII-XIII e pertenceu á orde de San Bieito. A finais do século XV incorporouse ó convento de San Domingos de Lugo. Estaba formado polo templo, o claustro e as dependencias dos monxes. O claustro está en ruínas. Na porta do patio exterior consérvase un chamador de ferro, cun martelo en forma de can e a cruz dominica. A igrexa foi reconstruída no ano 1787, cunha ampla nave con teito de madeira a dúas augas, e unha sala frontal no que se conserva unha primitiva pía bautismal. No interior hai un retablo con columnas salomónicas, e outros tres retablos laterais.

Galería de imaxes

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Dedicado a Cibrán de Cartago

Altitude do punto ≈ 701 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Lugo, a 20,4 km

No concello viven 2.476 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Ao lado deste lugar