Mosteiro

Mosteiro de San Paio de Abeleda

Santa Tegra de Abeleda · O Castro de Caldelas · Ourense

Mosteiro de San Paio de Abeleda, mosteiro en O Castro de Caldelas

Foto: José Antonio Gil Martínez from Vigo, Spain · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

O mosteiro de San Paio de Abeleda son os vestixios dun mosteiro medieval construído no século XII na parroquia de San Paio de Abeleda, no concello do Castro de Caldelas. Na actualidade atópase en estado ruinoso. Foi un dos centros monásticos máis influentes da provincia, e coa reforma monástica pasou a converterse en abadía ata que a finais do século XIX, trala desamortización, os Duques de Alba apoderáronse dos bens do mosteiro.

A igrexa

A igrexa, construída en estilo románico do século XII (con reformas posteriores) é de planta de cruz latina. Componse dunha soa nave con tres corpos, separados cada un deles cun arco de medio punto con arquivoltas adornadas de impostas axadrezadas e capiteis con flores e quimeras. O retablo maior é do século XVII. A igrexa foi obxecto dunha profunda reforma no século XIV, conservándose da fábrica románica unha porta dos séculos XIII-XIV. A fachada do claustro conventual é de estilo gótico e presenta un arco oxival con decoración de cuadrifolios. No ano 2005, foi vítima do espolio de varios retablos barrocos e neoclásicos, e algunha columna do antigo claustro conventual.

Galería de imaxes

Outros artigos

Mosteiros e conventos de Galicia

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Dedicado a Paio de Albeos

Estado En ruínas

Protección Elemento da Lista Vermella do Patrimonio

Altitude do punto ≈ 408 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima O Castro de Caldelas, a 3,2 km

No concello viven 1.237 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar