Mosteiro
Mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro
Pombeiro · Pantón · Lugo

Foto: Lucas Vázquez · Public domain · Wikimedia Commons ↗
O mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro ou San Vicente Polumbario é unha edificación relixiosa da que queda a igrexa de estilo románico situada na parroquia de Pombeiro do concello de Pantón na Ribeira Sacra.
Historia
De orixes eremíticas, remontables ao Reino Suevo, semella ter sido fundada pola raíña de Galicia Goto Muñiz, dona de Sancho Ordóñez no século X. En 1109, a raíña Orraca doouna á Orde de Cluny. Coincidindo co esplendor do monacato medieval, foi reedificada no século XII e XIII. Foi priorado ata o 1526 en que foi asumido polo mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Igual que outros mosteiros bieitos, as reformas dos Reis Católicos, sometérono á Congregación de Valladolid.
Arquitectura
Contén tres naves e os correspondentes tras ábsidas. A portada principal, enmarcada entre contrafortes e baixo un decorado gardachoivas é de estilo protogótico. As outras portadas, de época similar, son tamén de notable interese arquitectónico medieval, a do norte, tamén enmarcada en contrafortes, sitúase baixo un apreciable rosetón. Existen pinturas interiores do século XV, e retablos renacentista e barroco.
Galería de imaxes
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Dedicado a Vicente de Huesca
Altitude do punto ≈ 247 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Luíntra, a 4,6 km
No concello viven 2.351 (2025) · IGE
Ao lado deste lugar
Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de SilMosteiro
Torre de QuitapesaresCasteloMámoas das CabanasNecrópole
Encoro dos PearesLago, lagoa e encoro
Encoro de San PedroLago, lagoa e encoroEstación de Santo Estevo do SilEstación de tren e apeadoiro
Parador de Santo EstevoParador
Estación de San Pedro do SilEstación de tren e apeadoiro