Mosteiro
Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pallares
Ferreira de Pallares · Guntín · Lugo
Foto: Satna · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
O mosteiro de Santa María de Ferreira de Pallares é un mosteiro medieval situado na parroquia de Ferreira de Pallares, no concello de Guntín.
Historia
Fundouse no ano 909 polos condes don Ero Fernández e dona Laura; aínda que, o mosteiro existía antes da doazón de Ero e Elvira, pese a que a importancia da doazón fixo que os considerasen fundadores. A súa neta, a condesa Ocrocia Gosteez, ergeuse contra o rei Fernando I de León. Desde principios do século X prodigáronse as doazóns ao mosteiro, igual que no século XI e continuaron no século XII coas de Afonso VII, Afonso XI, Fernando Muñiz, a condesa Fronilde e Afonso IX. Ao longo do século XIII o patrimonio do mosteiro seguiu aumentando grazas a doazóns e permutas, como a realizada co bispo de Lugo, Martín, o 18 de xaneiro de 1228, ou mediante compra (a do abade Martín o 3 de febreiro de 1228). A posesión destes bens non foi sempre pacífica e ás veces tivo que intervir o propio monarca. A protección real foi continua: Sancho IV, Fernando IV, Afonso XI, Pedro I e Xoán I confirmaron e sentenciaron en varias ocasións a favor do cenobio. Cando, a petición dos Reis Católicos, se leva a cabo a reforma dos mosteiros galegos, Ferreira de Pallares foi anexionado por San Xián a Samos no ano 1517. A anexión foi sancionada pola bula de León X. Desde este momento quedou como priorado dependente do mosteiro de Samos ata a exclaustración do ano 1835. Na actualidade é unha simple parroquia da diocese de Lugo. A igrexa mosteiro é, segundo Yepes,[Cómpre referencia] unha das mellores de todo o bispado de Lugo. Nela mestúranse fórmulas e solucións románicas con outras protogóticas. Conserva dous sepulcros do gótico flamíxero da liñaxe dos Rodeiro.
Galería de imaxes
Outros artigos
Mosteiro Mosteiros e conventos de Galicia
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Dedicado a Santa María
Protección Ben de Interese Cultural
Altitude do punto ≈ 461 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Lugo, a 17,5 km
No concello viven 2.506 (2025) · IGE
Ao lado deste lugar
Igrexa de San Pedro de RecelleIgrexa
Igrexa de Santiago de EntrambasaugasIgrexa
Igrexa nova de San Salvador de Guntín de PallaresIgrexa
Igrexa vella de San Salvador de Guntín de PallaresIgrexa
Igrexa de Santa Oalla de PradedaIgrexa
Igrexa de San Xoán de Santa EuxeaIgrexa
Igrexa de San Martiño de VilameáIgrexa
Igrexa de San Vicente de VilamerelleIgrexa