Mosteiro

Mosteiro de Santa María de Oia

Oia · Pontevedra · 1101

Mosteiro de Santa María de Oia

O mosteiro de Santa María de Oia é un mosteiro da orde do Císter e de longa historia (1137 a 1835) na que foi a comunidade monástica de maior importancia socioeconómica da diocese de Tui. Sitúase en Santa María de Oia, a capital do concello, á beira do mar, na estreita lingua de terra chá que deixa o macizo da Groba e conforma a costa neste lugar. Na actualidade a igrexa monacal é a igrexa parroquial de Santa María de Oia, estando en mans privadas o resto de construcións monásticas conservadas. == Historia == === Fundación === Algúns autores xa falan da súa existencia en tempos de Martiño de Dumio no século VI; outros atribúen a súa fundación a san Froitoso de Braga un século máis tarde. Porén, a falla de documentos que sexan concluíntes debemos situarnos no século XII para atopar referencias a unha comunidade monástica no lugar. Esta comunidade pertencente a Orde de San Bieito debeu ser froito da fusión de tres comunidades xa existentes na comarca: Oia, outra de San Cosme e San Damián situada por riba da vila de Erizana e unha terceira en San Mamede de Loureza. Deste xeito, seguindo a Manrique, pódese situar a fundación do mosteiro no ano 1137, incorporándose á Orde do Císter no ano 1185. === Doazóns reais === O 26 de xuño de 1137 o emperador Afonso VII, na cidade de Tui concedeulle grandes favores, ampliados anos despois, o 23 de abril de 1149 a propiedade de toda a parroquia. Deste xeito a comunidade atopouse cun gran poderío económico que comezou de seguido a ampliar, chegando os seus dominios ás mesmas portas de Lisboa en pouco tempo. No ano 1159 o rei Fernando II asinou o 16 de maio en Tui novos privilexios a favor da comunidade. A esta continuaron novas doazóns de Afonso IX nos anos 1201 e 1228, ano este en que estando en Ponte Sampaio doou a Illa de San Martiño[Cómpre referencia] ao mestre Pedro, establecendo que á súa morte a illa pasase a depender do mosteiro. As doazóns reais continuaron: Sancho IV o Bravo, na vila de Pontevedra o 25 de agosto de 1286, concedeu ao mosteiro vinte pescadores para que poboasen o couto do mosteiro. Este real privilexio foi confirmado por Henrique III nas cortes de Burgos do 20 de febreiro de 1392. No século XIV as súas propiedades en Portugal fóronlles arrebatadas polo rei don Dinís. === Incorporación á Congregación de Castela === No século XV a inobservancia das regras monacais nas comunidades relixiosas da Península Ibérica era un mal xeneralizado, ao que se lle unía o abuso da figura dos abades comendatarios. Ante esta situación os Reis Católicos promoveron unha total reforma que levou a cabo Frei Martín de Vargas, a través da Congregación de Castela. Os cenobios galegos foron incorporándose gradualmente á reforma, facéndoo o mosteiro de Oia no ano 1547. O abade dese momento Gregorio Nieto e o prior Juan Rois, ao teren noticias da chegada dos monxes reformadores, fuxiron a Portugal "levando todo o pan e o viño do mosteiro e 100 cabezas de gando vacún, ademais de dúas cruces de prata, unha custodia dourada e un cáliz". Chegou o reformador Frei Ignacio de Collantes e, acompañado dos abades de Meira e Sobrado, pronuncian sentenza en capítulo contra o abade fuxitivo privándolle do seu cargo. O abade instalouse na Granxa de Silva, pertencente ao mosteiro. Logo dun tempo acudiu a Roma a demandar o seu cargo e tras recuperalo, na viaxe de volta a España, morreu de xeito repentino. Trala exclaustración, no ano 1838 o bispo Francisco García Casasrrubias y Melgar fixo as licenzas necesarias para converter a igrexa monacal en parroquia anexa a Pedornes, e o mesmo bispo declarou a parroquia de Santa María de Oia totalmente independente da de Pedornes o 25 de xaneiro de 1841. === A Virxe do Mar === Conta a tradición que no ano 1581 uns labregos atoparon nun acantilado no lugar coñecido como A Orelluda unha imaxe da virxe atada a unha cadea que no seu extremo enganchada ao colar dun lebrel.…

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar