Mosteiro
Mosteiro de Santa María de Penamaior
Penamaior · Becerreá · Lugo · 1000
Foto: Rocafera · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
O mosteiro de Santa María de Penamaior é unha antiga abadía beneditina situado na parroquia de Penamaior, no concello de Becerreá.
Historia
A referencia máis antiga deste mosteiro é do ano 922, cando Ordoño II encargou ó abade Virila a restauración do mosteiro de Samos, daquela en clara decadencia. Virila enviou 16 dos seus monxes até Samos a facer este traballo. Enténdese logo que Penamaior foi fundado nunha data anterior ó 922. Porén, semella que o edificio actual foi construído nunha data un pouco posterior, xa o tímpano da entrada foi gravado no 1177. En 1188, dependía como priorado do mosteiro de Carracedo e é en 1203 cando Carracedo se afilia á abadía de Císter cos dez mosteiros que controlaba, entre os cales estaba o de Penamaior. En 1225, o mosteiro de Penamaior aparece co título de abadía que depende de Citeaux. No ano 1505, o mosteiro afiliouse á Congregación de Castela, quedando unida a San Salvador de Salamanca e perdendo definitivamente a dignidade abacial. Penamaior era un dos mosteiros cistercenses máis pequenos de Galicia, cunha comunidade que contaba con tres membros, en 1584, ou sete, en 1803.
Outros artigos
Mosteiros e conventos de Galicia
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Abadía
Estilo Arquitectura románica
Dedicado a Santa María
Deixou de usarse 1835
Tamén chamado Convento de Penamaior · Santa María de Penamaior, Mosteiro de
Protección Ben de Interese Cultural
Altitude do punto ≈ 755 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Becerreá, a 4,5 km
No concello viven 2.828 (2025) · IGE
Ao lado deste lugar
Igrexa de San Pedro de CadoallaIgrexa
Igrexa de San Xoán de BecerreáIgrexaIgrexa de San Xosé do CereixalIgrexa
Igrexa de Santa María Madanela de BarallaIgrexa
Igrexa de Santa María de CostantínIgrexa
Igrexa de San Xoán de LexoIgrexa
Igrexa de San Salvador de PiñeiraIgrexa
Igrexa de San Pedro de SixireiIgrexa