Museo

Museo de Automoción e Historia

Oseiro · Arteixo · A Coruña · 2023

Museo de Automoción e Historia, museo en Arteixo

Foto: Estevoaei · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Museo de Automoción e Historia tamén coñecido como MAHI, é un espazo museístico dedicado ao mundo do automóbil situado en Arteixo.

Descrición

O museo, inaugurado en 2023 pola Fundación Jorge Jove, está situado no Polígono industrial de Sabón (Arteixo), mostra a evolución do automóbil ó longo do século XX a través de 300 vehículos complementados por milleiros de pezas, fotografías e documentos varios. Entre os primeiros cómpre citar o primeiros camións dos bombeiros da Coruña ou a colección Pegaso (Iveco cedeu toda a súa colección histórica de 3,5 millóns de planos). O museo este dividido en trece salas para exposicións permanentes ou temporais: Sala 1: Automoción española. Hispano-Suiza e Pegaso Sala 2: Automoción española. Pegaso Sala 3: Automoción e música Sala 4: Automoción e campo Sala 5: Automoción e literatura Sala 6: Automoción e bombeiros Sala 7: Automoción e servizos Sala 8: Automoción e fotografía Sala 9: Automoción e arte (comunicación) Sala 10: Automoción e cinema Sala 11: Automoción e fitos económicos Sala 12: Automoción e deporte. Inclúe obxectos persoais de Luis Moya. Sala 13: Exposicións temporais

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Tamén chamado MAHI

Altitude do punto ≈ 22 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Oseiro, a 565 m

No concello viven 34.389 (2025) · IGE

Para ir

Horario We-Su 10:00-19:00

Entrada De pago

Enderezo Avenida da Praia 490, 15141, Arteixo

Ver no mapaLer na WikipediaWeb oficialComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar