Museo
Museo Galego do Entroido
Xinzo de Limia · Ourense · 2015
Foto: Xinzo.lvp · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
O Museo Galego do Entroido (MUGAE) está situado no Concello de Xinzo de Limia, na antiga praza de abastos, rehabilitada para este fin. Foi inaugurado o 23 de outubro de 2015 polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, pero no 2017 tivo que cerrar as súas portas ante a imposibilidade do concello para xestionalo. Despois da cesión da súa xestión á Deputación de Ourense, reabriu as súas portas en febreiro do 2019. O museo naceu coa intención de agrupar e preservar o carácter propio desta tradición de Galicia en xeral e das aldeas de Xinzo de Limia en particular. O MUGAE ten dúas exposicións permanentes, unha dedicada ao Entroido e outra ao escritor Carlos Casares chamada «Os mundos de Carlos Casares». Ademais, nas súas instalacións tamén se encontra a sede da Asociación A Pantalla, máscara típica do Entroido de Xinzo de Limia.
O Entroido
Esta é a exposición central do museo e está situada na primeira planta do edificio. O percorrido por ela comeza na recepción, onde un gran taboleiro explica que é o Entroido, cal é a súa historia e cal é o seu símbolo por excelencia. Para continuar o itinerario accedese a un corredor chamado «o corredor do ciclo do Entroido», onde se explican todos os ritos e celebracións que se levan a cabo durante o Entroido, tamén as fins de semana anteriores e posteriores: Fareleiro, Oleiro, Compadres e Comadres, Corredoiro, Entroido, Mércores de Cinsa e Piñata. Rematado este corredor, éntrase a outro dedicado aos «Sons do Entroido», aquí explícanse tanto os sons tradicionais (as chocas, os axóuxeres, os conxuntos tradicionais de música e as cancións humorísticas), como os sons mais modernos (charangas, comparsas ou música moderna) que no Entroido, como en todo tipo de festexos, teñen a súa peculiar confrontación entre os entroideiros máis puros e tradicionais e os máis modernos. Continuando co percorrido chégase ao corredor das «Personaxes peculiares» e da «Gastronomía do Entroido». Este corredor acolle mostras de diferentes personaxes peculiares de moitas aldeas de Galicia: Os Cabezudos, os Capuchos, os Mecos, as Gárgolas, as Madamas e Galáns, o Loro Ravachol, o Merdeiro ou Escabicheiro, o Felipeiro, o Cabreiro, o Oso de Salcedo, o Careto e o Frei Canedo. Ademais, móstrase unha representación das comidas típicas do Entroido como o cocido, o lacón con grelos e demais manxares feitos con porco; tamén se fala dos doces típicos desta festividade como as filloas, as roscas, a bica e as tradicionais orellas. Para finalizar, éntrase na sala central, a máis importante de toda a exposición, a dedicada as «Raíñas do Entroido». Aquí encóntrase unha mostra dos traxes dos personaxes dos Entroidos máis coñecidos de Galicia: o Felo de Maceda, o Boteiro de Viana do Bolo, o Vergalleiro de Sarreaus, o Vellarrón do Riós, o Galo, a Mázcara de Manzaneda, o Peliqueiro de Laza, o Cigarrón de Verín, o Labardeiro de Mugares, Toén, o Troteiro de Bande, a Bonita de Sande, Cartelle, o Xeneral do Ulla, o Volante de Chantada e a Pantalla de Xinzo de Limia.
Os mundos de Carlos Casares
Esta exposición ten como obxectivo celebrar a vida e a obra do escritor limiao Carlos Casares facendo un percorrido pola súa obra e a súa vida a través das viaxes que realizou e as persoas as que coñeceu.
Galería de imaxes
Outros artigos
Entroido de Xinzo de Limia
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Tamén chamado MUGAE
Altitude do punto ≈ 623 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Xinzo de Limia, a 343 m
Camiño de Santiago Camiño Xabrés por Verín, a 147 m
No concello viven 9.655 (2025) · IGE
Chegar en bus
- HOTEL XINZOa 12 mMUGUEIMES-IES CIDADE DE ANTIOQUÍA · MUGUEIMES-IES CIDADE DE ANTIOQUÍA · HOTEL XINZO-IES CIDADE DE ANTIOQUÍA · Hotel Xinzo-IES Cidade de Antioquía · PARADELA-IES CIDADE DE ANTIOQUÍA · PARADELA-IES CIDADE DE ANTIOQUÍA
- Xinzo de Limia (bar Villasana)a 362 mOurense E.I.-Verín E.A. · Ourense E.I.-Verín E.A. · San Millao (marquesiña)-IES Cidade de Antioquía · San Millao (marquesiña)-IES Cidade de Antioquía · Santiago de Rubiás-IES Cidade de Antioquía · Santiago de Rubiás-IES Cidade de Antioquía
- Xinzo De Limia E.A.a 423 mOurense E.I.-Verín E.A. · Ourense E.I.-Verín E.A. · COVAS-XINZO DE LIMIA E.A. · Lobios (estrada)-Xinzo de Limia E.A. · Lobios (estrada)-Xinzo de Limia E.A. · MUGUEIMES-IES CIDADE DE ANTIOQUÍA
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
Lagoa de AntelaLago, lagoa e encoro
Entroido de Xinzo de LimiaEntroido
Igrexa de San Pedro de BoadoIgrexa
Igrexa de San Salvador de DamilIgrexa
Igrexa de San Tomé de MorgadeIgrexa
Igrexa de San Salvador de Parada de RibeiraIgrexa
Igrexa vella de Santa Mariña de Xinzo de LimiaIgrexa
Igrexa nova de Santa Mariña de Xinzo de LimiaIgrexa