Museo

Museo Vivente do Mel

Dombodán · Arzúa · A Coruña

Museo Vivente do Mel, museo en Arzúa

Foto: Lameiro · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

O Enredo do Abelleiro, tamén chamado Museo Vivente do Mel, é un museo galego centrado no mel e a apicultura. Fundado[cando?] por Isidro Pardo Varela, está situado na parroquia de Dombodán (Arzúa).

Características

O museo amosa a apicultura tradicional e moderna nun contorno natural e, amais, tanto os produtos que se obteñen das abellas (mel, xelea real, pole, própole, cera) como produtos derivados: caramelos, mel con xelea, xabóns, cremas de mans e faciais, protectores de beizos... Na súa parte externa está composto por un apiario moderno, un apiario tradicional e un xardín botánico en que se favorece a polinización grazas á presenza de varias especies autóctonas melíferas. No interior, á vista do público, as salas de extracción, decantación e envasado, xunto co laboratorio, permiten seguir todos os procesos que se realizan na apicultura moderna.

Galería de imaxes

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Quen o coida O Enredo do Abelleiro S.L.

Tamén chamado O Enredo do Abelleiro

Altitude do punto ≈ 250 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Arzúa, a 8,4 km

No concello viven 5.931 (2025) · IGE

Para ir

Enderezo Portodemouros, Dombodán, Arzúa

Ver no mapaLer na WikipediaWeb oficialComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar