Castro
O Castro de Orosa
Vilapedre · Vilalba · Lugo
Aínda non hai foto de O Castro de Orosa
Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.
{{Location|43.39104|-7.66622}}
O Castro de Orosa ou Castro de Vilapedre é un castro situado no lugar do Castro, na parroquia de San Mamede de Vilapedre, no concello lucense de Vilalba. O castro aparece no Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta de Galicia (Catálogo da Xunta e dos PXOM).
Descrición
Atópase a uns 521 metros de altitude a carón da igrexa da parroquia, e as súas dimensión son de 130x93 metros. No presente está ocupado por terras agrículas e carballeiras. Deste castro só se conserva unha parte. Ten un parapeto e na parte norte un foxo e un segundo parapeto. O parapeto principal ten unha altura de dous a catro metros e unha anchura de dez metros.
Arqueoloxía
Atopouse un ídolo antropomorfa que algúns autores atribúen ao deus Hermes e anacos de cerámica da época romana.
Outros artigos
Cultura castrexa Castros da provincia de Lugo
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Tamén chamado Castro de Vilapedre
Altitude do punto ≈ 523 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Vilalba, a 10,5 km
No concello viven 13.946 (2025) · IGE
Chegar en bus
- PORRÁSa 356 mIES Santiago Basanta Silva-Pereira I · IES Santiago Basanta Silva-Pereira I
- O Carballala 473 mIES Santiago Basanta Silva-Pereira I · IES Santiago Basanta Silva-Pereira I · Moreda I-Vilalba E.A. · Moreda I-Vilalba E.A.
- A Bouza (marquesiña)a 655 mIES Santiago Basanta Silva-Pereira I · IES Santiago Basanta Silva-Pereira I
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
Serra da CarbaMonte e serra- Castro de San Simón da CostaCastro
Igrexa nova de San Mamede de VilapedreIgrexa
Igrexa vella de San Mamede de VilapedreIgrexa- Capela de San Roque de BodánCapela e ermida
- Capela de Santo André de MoredaCapela e ermida
- Mámoa de Ladrela 3Mámoa e túmulo
- Mámoa de Ladrela 4Mámoa e túmulo