Festa

Pantín Classic

Pantín · Valdoviño · A Coruña · 1989

Aínda non hai foto de Pantín Classic

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|43.63890|-8.10944}}

Pantín Classic é unha competición de surf que se celebra dende 1989 na praia de Pantín (ou praia do Rodo) no concello de Valdoviño. O Pantín Classic é a proba máis antiga do surf en España e a cuarta máis antiga do mundo despois da World Surf League (WSL) de Bells Beach (Australia), Virginia Beach (USA) e Lacanau (Francia). Dende 2008 a competición está organizada polo Club Praia de Pantín.

Historia

Nos anos 1980 xa había na zona de Ferrol unha importante afección ao surf e ás súas variantes. Estes afeccionados recibían un importante pulo tódolos veráns coa visita de turistas estranxeiros que se achegaban ata as costas de Ferrol seguindo a liña de costa do norte de España. As praias de Doniños, San Xurxo, A Frouxeira e Covas eran coñecidas fóra de Galiza. Aínda sendo un deporte elitista e limitado a estamentos sociais moi concretos o surf gañou en difusión. En decembro de 1987 o grupo de afeccionados formado por Vicente Irisarri (que sería alcalde de Ferrol), Carlos Bremón, Gonzalo Barro, Carmen Aguilar e Fernando Montalvo crean o Océano Surf Club, o primeiro club de surf de Galiza. Co apoio e os contactos axeitados foron quen de poñer en marcha unha competición de surf aproveitando o final do verán e que ás costas achegábanse surfeiros de toda Europa. O lugar elixido foi a praia de Pantín en Valdoviño. Un areal de mar aberto afastado da especulación urbanística e case virxe. A nova iniciativa, a praia de Pantín está a 20 km do centro de Ferrol, completouse cunha intelixente promoción. Durante o verán uns rechamantes carteis con imaxes de surf podíanse ver nas tendas de material deportivo de Ferrol. Cos anos a competición estaría patrocinada por marcas internacionais como Red Bull, Quiksilver, Headworx ou Ballantines. En 2016 a competición foi declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.

Marcas

A primeira edición do Pantín Classic fíxose en 1988 os días 23 e 25 de setembro co seguinte palmarés.

Galería de imaxes

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Campionato · Competición deportiva

Altitude do punto ≈ 15 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Cedeira, a 5 km

No concello viven 6.805 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaWeb oficialComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar