Pazo
Pazo Baión
Vilanova de Arousa · Pontevedra · 0016

O pazo Baión é unha propiedade rústica situada na parroquia de Baión (Vilanova de Arousa), dedicada á produción de viño albariño. O recinto componse de plantacións desta variedade de uva, o pazo que lle dá nome á propiedade, un edificio adicado ás tarefas agropecuarias e un almacén, todos eles de pedra. Pazo Baión acadou gran sona por ser a propiedade emblemática do narcotraficante Laureano Oubiña, sendo tamén un símbolo da loita contra o narcotráfico. Actualmente pertence á adega Condes de Albarei. == Extensión == O terreo ten 287 hectáreas de uva albariña, o que o converteu durante moitos anos na maior plantación desta variedade de uva en toda Galicia. Nos últimos anos perdeu este título, malia que segue a ser a maior plantación desta variedade da comarca do Salnés. == Historia == === Orixe === A primeira edificación tratábase dunha casa-torre de orixe medieval, pertencente á familia Priegue. O pazo actual comezou a edificarse no ano 1928 por Adolfo Fojo Silva, un emigrante que retornou enriquecido de América. Mentres se estaba a rehabilitar, cedeulla ao seu fillo Narciso Fojo e ós seus 14 netos, razón pola cal durante gran parte do século coñeceuse coma a Finca dos Fojo. === Etapa de Laureano Oubiña === A propiedade rústica foi adquirida no 1987 por 275 millóns de pesetas por unha sociedade formada polos contrabandistas Laureano Oubiña, Sito Miñanco e Pablo Vioque, sendo os seus titulares reais o matrimonio formado por Laureano Oubiña e a súa muller, Esther Lago. O matrimonio, que nunca chegou a instalarse no Pazo, deixou de lado o coidado das parras, o que ocasionou un descenso da produtividade dos viñedos. Durante esta época fíxose famosa a imaxe de nais de drogodependentes, lideradas por Carmen Avendaño, manifestándose ás portas da herdade. Pazo Baión foi intervido cinco anos despois da Operación Nécora, o 9 de xaneiro do 1995 por parte do xuíz Carlos Bueren, mentres que o xuíz Baltasar Garzón procedeu ao seu embargo para facer fronte á multa da Operación Nécora, que ascendía a un total de quince millóns, e no transcurso da cal foron detidos Laureano Oubiña e a súa muller. Malia todo, só puido ser condenado catro anos despois, por mor dun alixo de quince toneladas de haxís incautados no barco Regina Maris. Tras esta condena, Oubiña fuxiu da xustiza, sendo prendido ao cabo de trece meses pola Interpol en Grecia. === Xestión do Estado === Para evitar a parálise da empresa, o Estado español arrendou no 1996 a súa xestión á empresa catalá Freixenet, que mantivo durante durante trece anos a súa explotación. Cando o Estado intentou poñer á venda a leira, Esther e Lara Ouriña, as fillas de Laureano Oubiña, presentaron un escrito perante o Plan Nacional de Drogas no que alegaban que xa no 2005 recorreran o comiso perante o Tribunal de Estrasburgo, cando contaban con 20 e 18 anos, respectivamente, co que xa eran maiores de idade . O Plan, que tiña previsto comezar a rolda de negociacións o 29 de xaneiro dese ano, suspendeu a súa actividade para consultar coa Avogacía do Estado. As fillas alegaban que o pazo era parte da herdanza da súa nai, falecida en accidente de automóbil en Cambados. Tras un longo proceso nos tribunais, o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos autorizou a venda . === Poxa === O 9 de novembro do 2007, a Mesa de Coordinación de adxudicacións do Plan Nacional sobre Drogas sacou finalmente o Pazo a poxa pública, a un prezo inicial de 8,7 millóns de euros, sendo catro as adegas interesadas en adquirilo: Freixenet, Marqués de Riscal, Bodegas Martín Códax e Condes de Albarei. A oferta foi publicada no BOE e contiña unha serie de requirimentos para evitar que na poxa participaran empresas-pantalla de narcotraficantes. Así, as empresas que quixeran presentar unha oferta tiñan que acreditar unha actividade de catro anos nos sector vitivinícola, así coma unha facturación media nos catro anos previos de cando menos cinco millóns de euros. ==== Candidaturas ====…
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- CEIP de Sestelo-Baióna 441 mCEIP de Sestelo-Baión-O Pereiro · CEIP de Sestelo-Baión-Barcia · CEIP de Sestelo-Baión-Lugar San Simón · CEIP de Sestelo-Baión-O Pereiro
- A Abelleiraa 475 mTestos-A Goulla · Vilagarcía E.A.-Ponte Arnelas-Barrantes I · Testos-Pontevedra E.A.
- Baión (centro saúde)a 484 mVilagarcía E.A.-Ponte Arnelas-Barrantes I
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.