Pazo
Pazo de Antequeira
Oín · Rois · A Coruña
Foto: Sorruno · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
O pazo de Antequeira é unha construción civil situada no lugar de Antequeira, parroquia de Oín, no concello de Rois.
Descrición
Erixiuse no século XVI e fíxose de estilo barroco no século XVIII, vinculado ós condes de San Xoán. Destaca a escalinata coa súa balaustrada na fachada principal e mais a capela do pazo de estilo barroco compostelán dedicada a San Xoán Nepomuceno, que na portada presenta un relevo do santo e foi restaurada a finais do século XX. O xardín conta con diversas especies, entre as que destaca a faia centenaria. Hai no pazo pombal e mais hórreo e posúe fonte barroca.
Galería de imaxes
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Altitude do punto ≈ 72 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Padrón, a 3,6 km
No concello viven 4.355 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Roisa 66 mEstramundi de Arriba-Santiago E.I. · Urdilde-Padrón E.A.
- Roisa 73 mPino Do Val - Padrón E.A. · Noia E.A. - Padrón E.A.
- Roisa 85 mEstramundi de Arriba-Santiago E.I. · Urdilde-Padrón E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
