Pazo

Pazo de Anzobre

Armentón · Arteixo · A Coruña

Pazo de Anzobre, pazo en Arteixo

Foto: Nemigo · CC0 · Wikimedia Commons ↗

O Pazo de Anzobre é unha construción civil situada no lugar de Anzobre, parroquia de Armentón, concello de Arteixo.

Arquitectura

Foi construído en cantería e galerías de cristaleiras modernas. O pazo ten os escudos de armas dos Castro, Moscoso, Figueroa ou Soutomaior. Foi propiedade de Gómez Suárez de Figueroa. Na capela do pazo celébrase a romaría dos Remedios.

Historia

Pertenceu aos condes de Ximonde. Cando morreu Xacoba de Cisneros de Puga en 1860 o pazo converteuse na residencia do seu herdeiro Manuel María Puga Feijoo e máis tarde do seu fillo, Luciano Puga Blanco, e do seu neto Manuel María Puga Parga, alcalde da Coruña, coñecido como Picadillo.

Outros artigos

Pazos de Galicia

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 100 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Arteixo, a 4,7 km

No concello viven 34.389 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar