Museo

Pazo de Capitanía

A Coruña

Pazo de Capitanía, museo en A Coruña

Foto: Zarateman · CC0 · Wikimedia Commons ↗

O Palacio de Capitanía é un edificio barroco situado na Cidade Vella da Coruña.

Descrición

O palacio é un edificio de planta rectangular arredor dun patio porticado. É de estilo barroco clasicista como impulsaban os enxeñeiros militares. A fachada, composta por cinco panos, está inspirada en modelos franceses. Ten dúas plantas que se corresponde coas dúas funcións orixinarias do edificio. A última planta foi transformada en 1750 e conta con máis decoración que as outras dúas. Na fachada pode verse un dos primeiros escudos de Galicia nun edificio público. No interior do edificio destacan dúas escalinatas e unha cisterna abovedada. Na parte exterior unha escaleira barroca leva do edificio ao xardín privado, que está arrodeado por restos da antiga muralla.

Historia

O edificio construíuse para acoller a sede da Real Audiencia e a Capitanía Xeneral de Galicia. Levantouse por Real Orde de Fernando VI en 1748 sobre un edificio anterior de madeira estragado e financiouse por un imposto sobre o viño vendido en Galicia. O proxecto inicial foi de Juan Vergel, que faleceu en 1750 e foi substituído por Francisco Llovet, que fixo varios cambios no proxecto. En 1808 formouse no edificio a Xunta Suprema do Reino de Galicia. A división en Capitanías Xenerais desapareceu en 1931, mais o palacio seguiu a ser sede de Rexión Militar ata a desaparición destas en 2002.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Andares 3

Altitude do punto ≈ 20 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima A Coruña, a 303 m

Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 90 m

No concello viven 251.277 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaWeb oficialComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar