Pazo

Pazo de Fontefiz

Ucelle · Coles · Ourense

Pazo de Fontefiz, pazo en Coles

Foto: HombreDHojalata · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

O Pazo de Fontefiz, na parroquia de Ucelle, concello de Coles, é un pazo de estilo barroco que data dos séculos XVI, XVII e XVIII, sendo lugar patrucial dunha das máis ilustres casas nobiliarias de Galicia.

Descrición

O seu derradeiro solariego, Pedro Ventura de Puga (deputado en varias lexislaturas, procurador en cortes en 1835 e vocal e secretario da Xunta Superior do Reino de Galicia), destacou polo seu labor de fomento e renovación da agricultura e gandería galegas, converténdose así nun predecesor da actividade á que máis tarde se adicaría o pazo. Na actualidade, Fontefiz é un centro de recuperación de gando autóctono, o Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, no que se levan a cabo experiencias gandeiras de selección coas especies de vacún como a caldelá, limiá, vianesa e cachena. Nas súas 68 hectáreas de superficie, prodúcense alimentos para o sostemento das cabezas de gando nas distintas fases produtivas. No ano 1979 o pazo foi declarado patrimonio arquitectónico de interese histórico-artístico, considerándose un dos máis importantes de Galicia polas súas dimensións, murallas e patios.

Galería de imaxes

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 393 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima A Peroxa, a 3,4 km

No concello viven 3.227 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar