Pazo

Pazo de Galegos

Galegos · Frades · A Coruña

Pazo de Galegos, pazo en Frades

Foto: Lameiro · Public domain · Wikimedia Commons ↗

O Pazo de Galegos, tamén coñecido como Pazo das Monxas, é unha casa señorial localizada no lugar do Pazo, na parroquia de Galegos (Frades).

Características

A vivenda ten planta rectangular cunha capela engadida en 1950, que outorga ao conxunto a planta en forma de L.

Historia

Os primeiros propietarios coñecidos sitúanse en 1664. Os escudos recollen aos Montenegro, Mosquera, Andrade, Bermúdez, Ribera, Salgado e Gayoso. Na fachada consérvase un brasón que alude aos Novoa, Luaces e Enríquez. Entre os seus donos figurou Emilio Folla Jean, que en xuño de 1914 llo cedeu a Maximiliano Linares Rivas, alcalde de Ferrol e A Coruña. Linares Rivas deixoullo á súa filla Rosario Linares-Rivas Amil-España. Esta outorgoullo en xullo de 1966 ás Irmás de Santa Dorotea, que o rexentan na actualidade. Foron as irmás as que construíron a capela e dirixiron unha escola para a zona na década de 1960. O pazo foi visitado en 1690 pola raíña Mariana de Neoburgo, esposa de Carlos II, segundo pode lerse na inscrición do lintel do portón de entrada: El 15 de abril de 1690 durmió en esta casa la Reina Nuestra Señora Doña Mariana de Neoburgo, mujer del rey Nuestro Señor don Carlos II, viniendo de La Coruña en Romería a Nuestro Santo Apóstol Santiago.

Outros artigos

Pazos de Galicia

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 329 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Ordes, a 6,9 km

No concello viven 2.146 (2025) · IGE

Para ir

Enderezo 15686, O Pazo

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar