Pazo

Pazo de Guyatt

Oza · A Coruña

Pazo de Guyatt, pazo en A Coruña

Foto: Estevoaei · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

O pazo de Guyatt, tamén coñecido como pazo de Cotón de Castro e pazo da Pasaxe, é un pazo situado o lugar das Xuvias no concello da Coruña.

Historia

Aínda que posiblemente o pazo teña orixe medieval, a primeira referencia sobre a súa existencia aparece no século XVI, propiedade do rexedor da Coruña Pedro de Villafranca. A principios do século XVII comprouno o tamén rexedor Gabriel Cotón. Durante a guerra da Independencia foi saqueado polos franceses. En 1865 coa creación da liña de ferrocarril A Coruña - Madrid construíuse un túnel que reduciu o terreo do xardín. A finais do século XIX a familia Cotón arruinouse, acabando a propiedade nas mans da familia Guyatt, que chegara á cidade en 1870. Trala guerra civil o goberno franquista incautouse da parcela para instalar o Fogar Infantil das Xuvias. Este feito supuxo un estrago do pazo e mesmo foi espoliada unha escaleira. Ademais, serviu de lugar de descanso para oficiais nazis durante a segunda guerra mundial.

Descrición

O pazo é un edificio de granito e planta cadrada. Na fachada consérvase o escudo dos Cotón de Castro.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 29 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Perillo, a 1,5 km

Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 661 m

No concello viven 251.277 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar