Pazo
Pazo de Mariñas
Aiazo · Frades · A Coruña
Foto: Erzskamera · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
O Pazo de Mariñas é unha casa grande localizada no lugar de Fonsá (Aiazo, Frades). Na actualidade o seu uso está destinado a vivenda privada.
Características
Ocupa un predio de aproximadamente 10.000 m², na que amais do pazo hai varios alpendres, dous hórreos e unha vivenda complementaria ao mesmo, se ben en séculos anteriores, a familia Mariñas posuía gran parte das terras do val do río Tambre. De acordo con escrituras atopadas durante a restauración e remodelación que se levaron a cabo a finais do século pasado, a súa construción remóntase a comezos do século XVI. Orixinalmente o pazo constituíase dunha soa nave con muros de cachotería á cal se lle engadiron edificios complementarios até o século XVIII. A día de hoxe integráronse parte deses edificios complementarios na vivenda principal que ocupa o pazo. O seu nome deriva dunha adiñeirada liñaxe familiar que recibiu durante séculos o apelido Mariñas, moi coñecidos na contorna e posuidores de varias terras, tal e como testemuña o seu escudo de armas. En orixe, un camiño de carros emprazado sobre a rocha nai, daba acceso aos terreos do Pazo de Mariñas pola súa parte norte, onde o pazo se integraba na propia rocha, erixíndose sobre o val do Tambre e abríndose cara ao sur, quedando completamente protexido do norte. Esa localización estratéxica testemuña a antigüidade do pazo, que de acordo co Catálogo Arqueolóxico do PXOU de Frades, podería relacionarse con asentamentos anteriores no lugar no que se atopaba o Castro de Aiazo.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Andares 2
Altitude do punto ≈ 320 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Ordes, a 12,6 km
No concello viven 2.146 (2025) · IGE
Para ir
Enderezo 3, 15686, Fonsá
Chegar en bus
- Aiazoa 811 mOrdes-Frades-Arzúa-Melide · Ordes-Orxal · Ordes-Ponte Carreira de Frades
- Aiazoa 814 mOrdes-Frades-Arzúa-Melide · Ordes-Ponte Carreira de Frades
- O FONTELOa 899 mPonte Carreira de Frades -San Martiño
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
