Pazo

Pazo de Présaras

Présaras · Vilasantar · A Coruña

Pazo de Présaras, pazo en Vilasantar

Foto: Nemigo · CC0 · Wikimedia Commons ↗

O Pazo de Présaras é un pazo situado na parroquia de Présaras, no concello de Vilasantar.

Situación

Atópase no lugar de Eirixe, fronte á igrexa da parroquia de Présaras, da que tamén funciona como casa reitoral.

Características

Trátase dunha edificación do século XVIII con planta en forma de "L" e de dúas alturas. A estrutura está formada por muros de carga de cachotaría, agás nos esquinais e enmarcados dos vans que son de cantería de granito. Ten forxados e cuberta de madeira e tella do país, así como un grande escudo con helmo na fachada. Baixo o mesmo teito conviven a casa reitoral e unha vivenda. O terreo ten hortas e plantacións de froiteiros rodeadas de leiras e prados.

Historia

Foi construído por Valentín Sánchez de Boado tras regresar do Perú como indiano. Tamén construíu a igrexa, cuxo conxunto escultórico encargou a Xosé Gambino.

Outros artigos

Pazos de Galicia

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Tamén chamado Casa Reitoral

Altitude do punto ≈ 448 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Arzúa, a 14,2 km

No concello viven 1.232 (2025) · IGE

Para ir

Enderezo Eirixe, Présaras, Vilasantar

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar