Pazo

Pazo de Tor

Tor · Monforte de Lemos · Lugo

Pazo de Tor, pazo en Monforte de Lemos

Foto: Nemigo · CC0 · Wikimedia Commons ↗

O Pazo de Tor é unha construción de estilo barroco situada en Tor, no concello de Monforte de Lemos, provincia de Lugo.

Características

Está situado na aba dun outeiro sobre o val de Lemos. O edificio actual foi construído no último terzo do século XVIII, aínda que conserva algún vestixio anterior, tendo as súas orixes na liñaxe dos Garza de Castrillón, no século XIV. Posteriormente foi reformado tralo incendio polas tropas napoleónicas durante a Guerra da Independencia Española. Pertenceu aos descendentes directos da liñaxe até María de la Paz Taboada de Andrés y Zúñiga, que o doou á Deputación de Lugo. Logo de acometer obras de acondicionamento e acceso, abriuse como museo o 13 de xullo de 2006. É de estilo barroco con características neoclásicas, como a súa sobriedade e simetría, cos elementos decorativos concentrados nas fachadas. No edificio está diferenciada o baixo andar, que alberga as dependencias do servizo (cocheiras, adegas, cortes, tullas, vivenda dos criados e caseiros...) e un primeiro andar reservado á residencia dos donos do pazo, con cinco salóns, habitacións anexas, despacho, aseos, dous comedores e capela de dobre altura. Desde un balcón pode verse o labirinto barroco, formado por catro espirais, disposto no espazo da horta. Relacionouse coas liñaxes dos Garza, Quiroga, Losada, Sarmiento, Taboada e outros. Conserva pedras de armas dos Sarmiento, Quiroga de la Puebla, Valladares e outros. Alberga unha completa biblioteca, de case 3000 exemplares, na cal se atopou en 2011 un rueiro de Lugo de mediados do século XVIII e unha Carta xeométrica de Galicia, realizada por Domingo Fontán.

Galería de imaxes

Outros artigos

Pazos de Galicia

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Pazo

Altitude do punto ≈ 376 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Monforte de Lemos, a 6,9 km

No concello viven 18.989 (2025) · IGE

Para ir

Teléfono +34982165534

Ver no mapaLer na WikipediaWeb oficialComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar