Pazo

Pazo de Vilar de Francos

Carballo · A Coruña

Pazo de Vilar de Francos

O pazo de Vilar de Francos é unha casa solariega localizada en Vilar de Francos, na parroquia de Artes, no concello de Carballo. O edificio data do século XVI e mantén a súa estrutura orixinal en bo estado de conservación. Actualmente é de propiedade privada e non é visitable. == Descrición == O edificio principal do pazo está coroado por unha torre defensiva que se remonta á época dos Reis Católicos; érguese como fortaleza para presidir unha encrucillada de vales, bosques e xardíns. O edificio ten planta aproximadamente rectangular formada por un engadido de dependencias á torre central, e está arrodeado por unha muralla amenada que garda as zonas axardinadas e agrícolas. O pazo conta tamén con alpendres, cortes, hórreo e outras dependencias. Preto do pazo hai un exemplar de carballo duns 700 anos de antigüidade coñecido como o carballo de Santo Antonio, declarada árbore senlleira. Segundo a tradición, as rapazas que conseguen introducir unha pedra dentro da árbore tirándoa de costas casan nese mesmo ano.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar