Pazo

Pazo do Conde de Gondomar

Gondomar · Pontevedra

Pazo do Conde de Gondomar, pazo en Gondomar

Foto: This image was taken by HombreDHojalata.talk · CC BY-SA 3.0 es · Wikimedia Commons ↗

O pazo do Conde de Gondomar, tamén chamado fortaleza de Gondomar, é unha fortificación de orixe medieval situada ao sur da vila de Gondomar. Está declarado Ben de Interese Cultural, e sitúase nunha fraga de árbores centenarias, rodeado por unha leira de 30 ha.

Historia

Posiblemente foi fundado entre os séculos XIV e XV, sendo nesa época de tamaño moito máis reducido. No século XVI a praza-forte consta como propiedade do corrixidor de Granada e capitán xeneral das illas Canarias, García de Sarmiento. En 1617 Filipe III concedeu ao seu primoxénito, Diego Sarmiento de Acuña, o título de Conde de Gondomar, por defender a costa do val Miñor dos ataques do pirata Francis Drake. Nesa época o conxunto foi obxecto de considerables modificacións e ampliacións. En 1665 foi invadido polos exércitos portugueses, que no asalto destruíron gran parte das edificacións, sendo restaurado en estilo neoclásico. Un incendio producido no século XVIII provocou o seu abandono até que no século XIX o condado de Gondomar se uniu por vía matrimonial ao ducado de Medinaceli, comezando as obras de restauración que continuaron até principios do século XX e deron lugar á actual edificación.

Características

Consérvanse como elementos principais unha varanda “condal”, dous corpos laterais da muralla, varias escaleiras, o terrazo, portas ornamentadas e outros elementos defensivos menores, a maior parte deles de arquitectura neoclásica. O edificio principal está distribuído en 3 andares. Ten unha capela acaroada do século XVII, de fachada con porta simple de arco de volta perfecta, e sobre esta un óculo que permite a iluminación do interior. Orixinalmente tiña uns 3 km de muralla, conservándose só algúns vestixios e garitas.

Outros artigos

Castelos de Galicia

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Monumento

Tamén chamado Fortaleza de Gondomar

Protección Ben de Interese Cultural

Altitude do punto ≈ 50 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Gondomar, a 533 m

Camiño de Santiago Caminho Português de Nossa Senhora do Norte, a 185 m

No concello viven 15.109 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar