Pazo

Pazo dos Condes de Maceda

Pontevedra · 1600

Pazo dos Condes de Maceda, pazo en Pontevedra

Foto: Paradores · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

O Pazo dos Condes de Maceda, ou Casa do Barón en Pontevedra, é un pazo de orixe renacentista que data do século XVI. Actualmente é un hotel de catro estrelas pertencente á rede de Paradores.

Localización

Está situado na rúa Barón, no corazón do casco antigo de Pontevedra, preto da ponte medieval do Burgo.

Historia

A construción ten a súa orixe nunha vila romana. No século XVI, o edificio transformouse nun pazo renacentista. No século XVIII, o pazo foi reformado por completo por Pedro de Monteagudo e pasou a ser propiedade dos ilustres condes de Maceda. Máis tarde, a propiedade pasou a mans do marqués de Figueroa e Atalaia (tamén conde de Maceda) que o encheu de antigüidades. No século XIX, o pazo entrou en decadencia e as súas habitacións deshabitadas utilizáronse como almacén de sal mariño e escola para nenos pobres. Dise mesmo que o edificio se converteu nunha loxa masónica. Máis tarde, transformouse nun lugar onde vivían decenas de familias. O barón de Casa Goda, Eduardo de Vera e Navarro, puxo fin a esta decadencia, recuperando as súas posesións e restaurando gran parte do seu antigo esplendor. Por iso é polo que o Parador de Turismo de Pontevedra chámase Casa do Barón. No século XX, o primeiro andar do pazo converteuse na sede da Escola Graduada Álvarez Limeses e o segundo andar utilizouse como vivenda, sendo a residencia familiar dos directores desta escola ata 1950, cando o Concello de Pontevedra pasou a ser o propietario. O edificio foi rehabilitado como hotel de luxo xestionado polo Estado español, converténdose o 15 de xaneiro de 1955 no primeiro Parador Nacional de Turismo de Galicia. En 1974 realizouse a primeira ampliación do hotel e en 2002 levouse a cabo unha importante mellora por valor de 2,34 millóns de euros.

Descrición

O pazo destaca polas súas impoñentes dimensións e a súa ornamentación señorial. No exterior, hai un pórtico neoclásico na entrada do edificio. A fachada do edificio, cuberta cun friso de formas ovaladas, está decorada con escudos de armas e rematada por unha columnata de catro columnas de granito. O pazo ten unha torre con ameas engadida no século XVIII e unha gran solaina de pedra. Tamén ten un patio (orixinalmente deseñado para os cabalos) e un xardín. No interior, hai unha grande escaleira de pedra, unha lareira de pedra e outros elementos barrocos. Hai numerosos salóns. O edificio está decorado con antigüidades, tapices, cadros antigos e mobiliario clásico e real.

Hotel

O palacio é agora o Parador de Pontevedra, un hotel de luxo de 47 habitacións. É un dos catro paradores máis populares de Galicia. En 2019, a súa ocupación media anual foi do 72,75%, só por detrás do parador de Santiago de Compostela, o Hospital dos Reis Católicos. O rei Filipe VI adoitaba pernoitar aquí durante a súa estancia na Escola Naval Militar.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Hotel · Parador de turismo

Estilo Arquitectura barroca · Arquitectura renacentista

Uso actual Parador de turismo

Tellado Tella

Paredes Pedra

Extensión 4.532 m²

Inaugurado 1955

Quen o coida Parador de Turismo

Tamén chamado Casa do Barón

Altitude do punto ≈ 13 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Pontevedra, a 347 m

Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 92 m

No concello viven 83.339 (2025) · IGE

Para ir

Enderezo Calle del Barón, 19

Ver no mapaLer na WikipediaWeb oficialComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar