Menhir

Pedrafita do Casal

Campos · Melide · A Coruña · -349

Pedrafita do Casal, menhir en Melide

Foto: Inesdecampos · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

A Pedrafita do Casal é un gran megálito, construído en gneis ou ollo de sapo, dunha altura duns 5 m, aínda que á vista só mide 3,5 m. Está situado na aldea do Casal, parroquia de Campos, no concello de Melide. Foi atopada no 2012 durante a remodelación dun valado. Actualmente está situado na mesma parcela onde foi atopado, a escasos 200 m do castro de Campos. O acceso é doado, xa que se atopa á beira da estrada. Aínda que nun primeiro momento se dubidou se podería trataría dun esteo dunha anta ou monumento similar, hoxe a idea da súa construción como elemento exento parece a máis probable, sendo un dos exemplares de maior envergadura dos megálitos de Galicia. Datada sobre 3500 a. C. - 1800 a. C.

Outros artigos

Lista de megálitos de Galicia

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Megálito

Paredes Gneis

Altura 5 m

Altitude do punto ≈ 434 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Melide, a 2,9 km

Camiño de Santiago Camiño Francés, a 1,6 km

No concello viven 7.840 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar