Monte e serra
Pena Corneira
Abelenda das Penas · Carballeda de Avia · Ourense
Foto: Elisardojm · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Pena Corneira é un espazo natural de 998 hectáreas declarado monumento natural da comarca ourensá do Ribeiro, entre Avión, Carballeda de Avia e Leiro, e que se caracteriza por se asentar sobre un vasto macizo granítico senlleiro cun grande interese pola súa singularidade e importancia dos seus valores científicos, culturais e paisaxísticos. Carballeda de Avia o municipio que alberga unha maior superficie, seguido dos concellos de Leiro e Avión, todos na comarca do Ribeiro. No cumio do monte atópase a Pena Corneira, un penedo vertical de dez metros de altura.
Xeoloxía
Trátase dunha prolongación ao noroeste da serra do Suído, entre as concas do río Avia e do Miño. Xeoloxicamente trátase dunha masa plutónica batolítica de 18 quilómetros en sentido meridiano e 7 quilómetros en sentido suroeste-nordés de hai aproximadamente uns 300 millóns de anos. O batólito constitúeno rochas graníticas hercinianas poscinemáticas, de composición xeral calcoalcalina e subalcalina, coa presenza de granitos biotíticos e granodioritas biotítico-anfibólicas, aínda que non todo o macizo presenta facies similares. A diferenciación cristalina deu lugar a diferenzas na evolución xeomorfolóxica que fixeron posíbel a existencia do macizo e as súas formacións asociadas: cristas graníticas, domos alvéolos, corredores deprimidos, caos de bólos, pías (pot holes, gnammas) etc.
Flora e fauna
A erosión encheu o outeiro de penedos a xeito de grandes bólas de granito e rochas de estrañas formas (outeiro da campá, outeiro dos forniños, outeiro do lagarto, outeiro da bañeira do demo...), e onde salienta o gran fito do cumio, referente visual, xunto co Faro das Laceiras do val do Avia. O espazo está practicamente cuberto por carballeiras e fragas de interese botánico.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Serra · Monumento Natural de España
Extensión 998 m²
Altitude do punto ≈ 703 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Ribadavia, a 8,3 km
No concello viven 1.172 (2025) · IGE
Ao lado deste lugar
Igrexa de Santo André de Abelenda das PenasIgrexa
Igrexa de San Martiño de BaldeIgrexa
Igrexa de San Pedro de BeiroIgrexa
Igrexa de San Miguel de CarballedaIgrexa
Igrexa de San Cosmede de FaramontaosIgrexa
Igrexa de San Xiao de MuimentaIgrexa
Igrexa de Santa María de Vilar de CondesIgrexaIgrexa de San Xoán de OregaIgrexa