Cabo e punta

Península do Barbanza

San Martiño de Oleiros · Ribeira · A Coruña

Aínda non hai foto de Península do Barbanza

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|42.63649|-8.97929}}

A Península do Barbanza ou Península da Barbanza é unha área xeográfica do oeste provincia da Coruña, entre a ría de Arousa e a ría de Muros e Noia. Abrangue os concellos da comarca de Barbanza (Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo) e algúns outros da comarca de Noia (O Porto do Son, Lousame e Noia).

Descrición

Está bañada, polo noroeste, pola ría de Muros e Noia, e polo sueste, pola ría de Arousa. O punto máis occidental é o cabo Corrubedo e o máis meridional, a punta Perico, ambos no concello de Ribeira. Os puntos máis setentrionais e orientais non lindan co mar senón con outros concellos coruñeses. O punto máis alto é Iroite, monte de 691 metros entre os concellos de Boiro, Lousame e O Porto do Son. Mais supérao en fama, quizais, a Curota, de 514 metros de altura, dende o que se albisca toda a ría de Arousa. A extensión dos concellos é, aproximadamente, de 468 km², nos que se concentra unha poboación moi elevada: 114.375 en 2023 . A península do Barbanza é un lugar onde se poden atopar moitos ríos, algúns bastante caudalosos, coma o río Sieira ou o río Barbanza. Pero, indubidablemente, o maior río que pasa polo Barbanza, é tamén un dos maiores de Galicia, é o Tambre, que pasa polo concello de Lousame e desemboca no de Noia. No apartado económico, pódese salientar a grande industrialización de Santa Uxía, capital de Ribeira; a vila de Noia, onde se atopa unha gran cantidade de comercios; e a vila de Boiro, coñecida tanto pola súa importante industria conserveira así como pola gran cantidade de establecementos de hostalería. Son importantes tamén núcleos urbanos que non son capital de concello, por exemplo, os que rodean Santa Uxía (Palmeira, Aguiño...) ou Portosín, no concello do Porto do Son.

Outros artigos

Serra do Barbanza Comarca de Barbanza

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Península

Altitude do punto ≈ 547 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima A Pobra do Caramiñal, a 5 km

No concello viven 27.110 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Ao lado deste lugar