Ponte histórica

Ponte de Pontecesures

San Xulián de Requeixo · Pontecesures · Pontevedra

Ponte de Pontecesures, ponte histórica en Pontecesures

Foto: Dodro · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

A ponte de Pontecesures é unha ponte que une as vilas de Santa María de Iria Flavia (Padrón) e San Xulián de Pontecesures (Pontecesures) a vez que as provincias da Coruña e Pontevedra. Salva o río Ulla, cerca da súa desembocadura, e por ela discorre a estrada N-550 é o camiño Portugués.

Historia

A historia local afirma que esta ponte é de orixe romana, levantada entre os anos 25 a. C. e o século I d. C. e o seu nome procede do vocablo Pons Caesaris (Ponte do César) polo que sería levantada por orde do emperador César Augusto. Outras voces como a do historiador padronés Eloy Rodríguez, afirman que non existe ningún elemento romano pero non descartan a posibilidade de que no lugar ou moi cerca existira unha ponte romana. Segundo Eloy a ponte é de orixe medieval con diversas modificacións posteriores que modificaron notablemente a súa estrutura orixinal. Da mesma maneira tamén se discute o topónimo que podería vir de cessuris ou censuris xa que a ponte servía para levar a cabo o censo romano, que controlaba o número de habitantes e o pago dos tributos. Sufriu varias reformas ao longo da súa historia. Unha das máis relevantes foi a do ano 1611 levada a cabo polo Mestre Mateu (autor do Pórtico da Gloria). Posteriormente tamén foi restaurada en 1790, 1911 e 1956.

Características

Consta de trece arcos, uns con bóvedas oxivais e outros de medio punto.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Ponte

Forma parte de Camiño portugués

Altitude do punto ≈ 4 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Padrón, a 1,6 km

Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 70 m

No concello viven 3.073 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar