Ponte histórica

Ponte Nafonso

Noia · A Coruña

Ponte Nafonso

Ponte Nafonso é unha ponte de pedra encol do río Tambre preto da súa desembocadura no fondo da ría de Muros-Noia, unindo os concellos de Noia e Outes. == Descrición == Contén vinte arcos dos vinte e sete que tivo orixinalmente. Nos planos do século XVIII aparece con 20 arcos, un deles parcialmente derruído Ten unha lonxitude de 270 metros aínda que foi orixinalmente máis longa. Os arcos do tramo principal teñen luces entre os nove e dez metros, e están apoiados sobre piares de 2,2 m a 3 metros de ancho. Xa que logo a relación macizo/van é de 1/3. No tramo de acceso os arcos son desiguais e as medidas do macizo variábeis. O taboleiro ten cinco metros de ancho pero inicialmente foi máis estreito. As bóvedas orixinais son apuntadas, pero froito dunha reconstrución a maioría son de medio punto. Augas arriba os tallamares son triangulares salvo o central oxival, e trapezoidais augas abaixo, salvo os dos extremos. É único o seu requebro na calzada sen que estea clara a razón do mesmo. == Historia == As súas orixe remóntanse a Idade media cando a súa construción substituíu a comunicación das dúas beiras por barca. Chamado inicialmente coma "Ponte das Pías" e logo coma "Ponte de Don Alonso" unhas fontes o atribúen o nome o seu construtor e outras os reis Alfonso VIII ou Alfonso VII Certas fontes indica que o seu construtor estaría soterrado baixo o Cruceiro a entrada da ponte.; outras fontes como Murguía tamén que era irmán do mestre construtor do Mosteiro de Toxosoutos "Adios ti Ponte Nafonso, Non sey quen t' acabará... Trinta anos me levaches Flor da miña mocedad" Dito Cruceiro hoxe desaparecido podería ser o representado nos planos do século XVIII na entrada dende Noia o seu lado dereito. Segundo o "Diccionario de artistas que florecieron en Galicia durante los siglos XVI y XVII" de Pablo Pérez Constanti as fases de reconstrución e reformas segundo protocolos notariais serían as seguintes: O concello de Noia en 1528 require o mestre pedrero Gregorio Robin execute as obras por ser fiador do mestre Toribio de Areas ao ausentarse este sen realizalas.(Arq. Notarial de Santiago; Protocolos Macías Vázquez de 1528) Bieito González mestre canteiro da Vila de Noia sendo adxudicatario das obras de remate en 1578 por 510 ducados o non ser capaz de rematalas por carecer de medios cede nese mesmo ano 3/4 partes da mesma a Roi Ledo e Pedro Fernández veciños de Noia e Xoán de Vilasoa de Boiro (Arq. Notarial de Noia; Protocolos do escribano Jácome Gómez de 1578) En 1610 Cristina Rodríguez, viúva do mestre de obras da vila de Noia Mateo de Cubas, fai un convenio cos canteiros de Noia Juan de Olveira, Bartolomé de Agra, e Pedro García, para terminar as obras encargadas o seu defunto marido, pagándolles 120 ducados e os materiais necesarios. Consistían as obras en "Un pilar que está para la ermita de Nuestra Señora de la Puente a la parte de abajo y de otro pilar que está a la parte de arriba" (Arq. Notarial de Noia; Protocolos do escribano Pedro Mariño de Romay de 1610) En datas posteriores aparecen documentos de máis intervencións. Unha demanda en 1696 dos veciños de Noia e Muros sobre a reparación da ponte chamada de D. Alonso No século XVIII presenta un dos seus arcos derrubados, con arcos de medio punto e oxivais. En 1838 se aproba na Deputación da Coruña o orzamento do concello de Noia para reparar a ponte danada por un temporal Aprobándose en acta de agosto 1841 a súa reparación Entre 1842 e 1844 A Deputación da Coruña procede a súa reparación Repararanse en 1842 8 arcos e outras obras por valor de 200,000 reais As reformas do século XIX fixéronlle perder o seu estilo gótico; (xa presentaba arcos de medio punto en planos anteriores). No século XX, o peitoril foi substituído por unha varanda metálica e recubriuse de asfalto o firme. É mencionada por Lucas Labrada na súa Descrición económica do Reyno de Galicia de 1804, e por George Borrow en 1836. En 1911 comezan os plans de reformas na estrada de acceso a ponte, levantándose o expediente de expropiación en 1913 En 1918 aparecen obras de reparación da varanda de pedra no mesmo segundo o proxecto de Antonio Fernández Zarza…

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar