Monte e serra
Portela da Canda
A Canda · A Mezquita · Ourense
Foto: Estevoaei · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
A Canda é unha portela entre a serra Segundeira, ao norte, e a serra de Marabón, ao sur, que comunica As Frieiras, na provincia de Ourense con Seabra, na provincia de Zamora. Está situada a unha altitude de 1.259 m. O camiño que salva este alto é unha pasaxe usada de vello na comunicación entre Galicia e a Meseta. Neste punto consérvase un pequeno treito da primitiva estrada ZA-106, que foi substituída pola nacional N-525 cando, en 1975, se abriu a variante entre Padornelo e A Canda, que pasou a acurtar o traxecto de 21 a 11,5 km. Dende 2003, a inauguración do tramo entre Ourense e Benavente da autovía A-52 evita a subida ao porto grazas a un túnel de 450 m que fura o contraforte máis meridional do Pico de Aguallal (da serra Segundeira), a uns poucos centos de metros da portela da Canda.
Toponimia
O fitónimo galego A Canda refírese a unha póla de árbore usada para alumear, a partir do latín candănu.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Porto de montaña
Altitude do punto ≈ 1.240 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Viana do Bolo, a 20,3 km
Camiño de Santiago Camino Sanabrés, a 46 m
No concello viven 991 (2025) · IGE
Ao lado deste lugar
Estación da Mezquita - A VilavellaEstación de tren e apeadoiro- Serra da AzoreiraMonte e serra
Igrexa da Nosa Señora da Encarnación de CastromilIgrexa
Igrexa de Santa María da Cabeza da VilavellaIgrexa
Capela de Santo André da CandaCapela e ermida- Capela do Santo Cristo da VilavellaCapela e ermida
- Castro do CasteloCastro
- A Portela da CandaMonte e serra