Praia

Praia da Madanela

San Martiño do Porto · Cabanas · A Coruña

Praia da Madanela, praia en Cabanas

Foto: Luis Miguel Bugallo Sánchez (Lmbuga) · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

A praia da Madalena é un areal situado no concello de Cabanas no peche á ría de Ares limitando co concello de Pontedeume, na desembocadura do río Eume. O areal de area branca e fina forma xunto co río Eume e o piñeiral un espazo natural no fondo da ría de Ares. A praia non ten Bandeira Azul, pero si tódolos servizos nun paseo peonil. É unha praia de augas tranquilas e pouco profundas. Sendo unha praia urbana de moi alta ocupación pola súa proximidade a Pontedeume. Dende os anos sesenta sufriu unha grande presión urbanística e de crecemento descontrolado habendo vivendas de todo tipo pola zona. Desde casas unifamiliares a edificios de apartamentos e vivendas residenciais. Dende inicios do século XX o concello de Cabanas tentou poñer orde na zona prohibindo o acceso de vehículos ao monte de piñeiros da praia e limitando o acceso ao mesmo. Construíuse un paseo peonil pola estrada que bordea os piñeiros. Na propia praia existen locais de hostalería e un club náutico. Instalacións para a práctica de deportes de vela e fondeadoiro de embarcacións. Na praia hai un campo de fútbol. Como accesos á praia hai ligazón directa á autoestrada AP-9 e a estación de Cabanas está preto.

Imaxes

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Praia de area branca · Praia urbana

Lonxitude 200 m

Altitude 0 m

Vila máis próxima Pontedeume, a 1,2 km

Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 72 m

No concello viven 3.273 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar