Praia

Praia de Areas

Dorrón · Sanxenxo · Pontevedra

Praia de Areas, praia en Sanxenxo

Foto: Luis Miguel Bugallo Sánchez (Lmbuga) · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

A praia de Areas é un areal galego do concello de Sanxenxo, situado na ría de Pontevedra. En 2026 mantiña o distintivo da Bandeira Azul. Ten unha forma rectilínea e semicurva nun extremo e está situada nun ámbito urbano de baixa densidade de poboación, maioritariamente flotante ou estacional. Limitada no extremo este pola pequena Cala dos Mortos, con acceso en baixamar e Punta Cabicastro. Composta por area branca e fina. Recollida dos ventos, con augas tranquilas propicias para realizar deportes acuáticos: esquí acuático, vela, motonáutica, wíndsurf (con límite á praia de 200 metros). Existe un fondeadoiro para embarcacións. No seu extremo oriental atópase a Punta de Areas que delimita a ría interior da exterior.

Acceso

Dende Sanxenxo, tomar a estrada C-550 dirección a Pontevedra. No lugar de Areas, tomar desvío sinalizado á dereita á praia.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Praia de area branca

Lonxitude 600 m

Altitude do punto ≈ 5 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Sanxenxo, a 2,6 km

No concello viven 17.990 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar