Praia

Praia de Oza

Oza · A Coruña

Praia de Oza, praia en A Coruña

Foto: gl:User:Hipólito · Public domain · Wikimedia Commons ↗

A praia de Oza é unha praia urbana do concello da Coruña. Resgardada do vento atlántico e das ondas. Ten aseos, duchas, aparcadoiro, quiosco de prensa, posto de socorro, primeiros auxilios e xestión ambiental ISO 14001. Está prohibido entrar con animais.

Historia

Foi construída en 1994, preto da antiga e desaparecida praia de Oza, tamén coñecida como praia de Lazareto –coñecida así por situarse ós pés dunha leprosería–, cuxa maior parte foi destruída durante a ditadura franquista por causa da instalación dun varadoiro, ficando entón reducida a unha pequena cala, a pesar da oposición dos veciños. Cando se construíu o novo areal, a vella praia foi reducida un pouco máis por mor da construción dun treito de paseo marítimo, desaparecendo definitivamente uns anos despois cando en 2001 comezou a construción dun recheo no que se enterrou un depósito de lodos tóxicos que suscitou as protestas dos veciños e dos mariscadores, enriba do cal despois foron levantadas as instalacións dun club náutico.

Galería de imaxes

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Praia de area dourada · Praia urbana

O chan Area

Lonxitude 110 m

Altitude do punto ≈ 11 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Perillo, a 1,8 km

Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 1,1 km

No concello viven 251.277 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar