Praia
Praia de Pantín
Pantín · Valdoviño · A Coruña
Foto: el Buho nº30 · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗
A Praia de Pantín sitúase na parroquia de Pantín no concello de Valdoviño. Nela celébrase unha proba do Campionato do Mundo de Surf, o Pantín Classic. A praia polas súas condicións de vento e ondas é moi empregada para deportes náuticos como o surf con ondas de ata cinco metros. A praia tamén se coñece como praia do Rodo, pola localidade na que está e que tamén dá nome ao castro do Rodo situado nun dos extremos da praia.
Galería de imaxes
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Praia de area dourada
Lonxitude 800 m
Tamén chamado Praia da Arnela
Altitude do punto ≈ 3 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Cedeira, a 5,3 km
No concello viven 6.805 (2025) · IGE
Chegar en bus
- O Ariñoa 615 mValdoviño (mercado)-A Loira · Valdoviño (mercado)-A Loira · Cedeira E.A.-Praia Pantín-Ferrol E.A. (por AC-566) · Praza de Galicia-Praia de Pantín-Cedeira E.A. (por Narón)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.