Praia
Praia do Dique
Noal · O Porto do Son · A Coruña
Foto: Certo Xornal · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
A praia do Dique, tamén coñecida como praia do Río Maior, é un pequeno areal situado no litoral do lugar do Dique, na parroquia de Queiruga, no concello do Porto do Son.
Características
É unha praia aberta (fóra da ría) que ten unha lonxitude de 85 m e unha anchura de 30 m. A súa area é fina. A praia está illada, carece de paseo marítimo, e principalmente está composta por rochas e area banca e dourada. O estado habitual do mar é de ondadas fortes. Está incluída na Rede Natura 2000. O seu nivel habitual de ocupación nos meses de verán é medio. A praia do Dique conta con servizo de autobús interurbano. Non dispón de aparcadoiro. O acceso a pé, desde a estrada AC-550, é fácil. Hai sinalizacións de perigo claramente visíbeis. O hospital máis próximo é o Hospital da Barbanza, que se encontra a 9 km, no lugar de Salmón, na parroquia de San Martiño de Oleiros, no veciño concello de Ribeira.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
O chan Area
Altitude do punto ≈ 1 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima O Porto do Son, a 1,5 km
No concello viven 9.059 (2025) · IGE
Segundo PNOA
Chegar en bus
- Cabeiroa 546 mRibeira E.A.-Noia E.A.-Santiago E.I. · Ribeira E.A.-Noia E.A.-Santiago E.I.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
