Conxunto histórico

Praza das Bárbaras

A Coruña

Praza das Bárbaras, conxunto histórico en A Coruña

Foto: Diego Delso · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

A praza das Bárbaras é unha praciña situada na Cidade Vella da Coruña na que se atopa un convento das clarisas. Confórmana dous muros exteriores do convento das Madres Clarisas, está adornada con acacias e conta cun cruceiro no centro. Foi declarada conxunto histórico-artístico o 11 de marzo de 1971.

Historia

O convento construíuse sobre unha capela do século XV e foi reformado en 1613. Sobre a porta de entrada colocouse un relevo que puido pertencer a un baldaquino ou a un sartego gótico do século XIV que representa a peregrinación como unha das vías penitenciais para a salvación. Mostra o Xuízo Final e está presidido pola Trindade; o Pai Eterno sostén o Cristo crucificado, acompañado pola lúa e o sol. Á esquerda, o arcanxo san Miguel pesa as almas de peregrinos e monxes que van chegando pola dereita, entre árbores. Á dereita aparecen san Miguel e un dragón. No interior, outro relevo (pertencente talvez á capela primitiva) mostra a santa Catarina e a santa Bárbara.

Outros artigos

Praza de Azcárraga Praza de María Pita

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Praza · Conxunto histórico-artístico

O chan Adoquín

Tamén chamado Praza das Bárbaras · Praza Santa Bárbara

Protección Ben de Interese Cultural

Altitude do punto ≈ 28 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima A Coruña, a 343 m

Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 142 m

No concello viven 251.277 (2025) · IGE

Segundo Https://ide.coruna.es/descargas/cambioscallejero/CodVia 0648 20180711.pdf

Para ir

Iluminado Si

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar