Conxunto histórico

Praza de España

Pontevedra · 1880

Praza de España, conxunto histórico en Pontevedra

Foto: juantiagues · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗

A Praza de España é unha praza peonil do século XIX situada no centro da cidade de Pontevedra, no límite do casco antigo e a Alameda de Pontevedra.

Orixe do nome

A praza debe o seu nome a que é a sede das institucións políticas máis importantes da cidade e da provincia de Pontevedra e o seu eixo central.

Historia

A Praza de España desenvolveuse no século XIX seguindo o trazado da antiga muralla medieval coa construción da nova Casa do Concello como espazo de transición entre o centro histórico e a Alameda de Pontevedra. Esta fora a antiga horta do convento dos dominicos que estes transformaron en paseo en 1648 e que en 1847 pechouse con muros de pedra. Foi coa expansión urbana de finais do século XIX, que fixo efectiva o arquitecto Alejandro Sesmero, cando o proceso de formación da Alameda, e por tanto da Praza de España, tomou forma no marco da expansión burguesa da cidade. A ampliación e urbanización da praza de España incluíuse no proxecto que en 1880 o concello encargou ao arquitecto Alejandro Sesmero para a planificación e acondicionamento da Alameda. A propia praza converteuse pronto nun importante espazo central da cidade, ao ser a praza do concello e doutros edificios de grande importancia institucional e política, como o pazo da Deputación Provincial de Pontevedra, moi próximo. Era coñecida como Plaza del Ayuntamiento. En agosto de 1911, no lado oeste da praza, xunto á Alameda, erixiuse o monumento aos heroes de Ponte Sampaio, deseñado por Julio González-Pola y García para conmemorar o primeiro centenario da batalla de Ponte Sampaio contra os franceses, no lugar que ocupaba un pequeno estanque circular de pedra que fora retirado. A estatua estaba rodeada por un pequeno xardín delimitado por unha pequena varanda de ferro e permaneceu así ata os anos 60. Nos anos 20, a praza converteuse en punto de tránsito do tranvía eléctrico de Pontevedra a Marín, que entrou en servizo en decembro de 1924 e pasaba por diante do concello, e a partir de 1943 do trolebús que o substituíu. En 1936, a praza pasou a chamarse Praza de España, en substitución do nome de Praza da República, que se lle deu durante a Segunda República. Coa construción da estrada N-550 que une A Coruña coa fronteira portuguesa, a praza converteuse nun lugar de paso para os coches a partir dos anos 40. Co crecemento do tráfico de automóbiles nas décadas seguintes, a praza perdeu a súa configuración orixinal dun só nivel e creouse unha franxa central con vexetación para separar os dous sentidos de circulación. En 1950 proxectouse na cidade a construción do novo edificio institucional do goberno civil da provincia de Pontevedra, para o que, seguindo as recomendacións do Estado español, a cidade de Pontevedra cedeu unha parcela rectangular illada ao noroeste da praza de España. Segundo as esixencias oficiais, o edificio debía construírse na zona máis digna da cidade, onde debían coexistir nun mesmo espazo as sedes das autoridades municipais (Concello) e provinciais (Deputación de Pontevedra). O edificio inaugurouse en 1958. Na década dos 70 ampliáronse os xardíns que rodeaban o monumento aos heroes de Ponte Sampaio e eliminouse o valo de ferro forxado. O 4 de abril de 1983, o entón presidente da Xunta de Galicia, Xerardo Fernández Albor, inaugurou unha fonte luminosa de múltiples surtidores que rodeou o monumento durante anos. En 2009 foi desmontada ao iniciarse as obras do novo aparcadoiro subterráneo da praza.…

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Praza · Conxunto arquitectónico

Estilo Arquitectura ecléctica

Autoría Alejandro Rodríguez Sesmero

Leva o nome de España

O chan Lastras

Extensión 4.850 m²

Lonxitude 95 m

Nome oficial Plaza de España

Altitude do punto ≈ 23 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Pontevedra, a 324 m

Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 176 m

No concello viven 83.339 (2025) · IGE

Para ir

Iluminado Si

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar